19:30
O Gran Dimitri

O Gran Dimitri

Dimitri, un xenio do escenario segundo el, aínda que de dubidosa reputación artística. enfróntase ao seu terceiro traballo en solitario. Despois de case actuar en prestixiosos festivais, salas B dos mellores teatros e de case gañar algún premio, Dimitri ten unha epifanía: Nacín para ser unha lenda do escenario. Así que monta un espectáculo onde se xogará a vida. Dimitri preséntase cun novo show onde se xogará unha e outra vez a vida para conseguir este obxectivo.
Imaxina que en calquera momento pode pasar, unha chamada, alguén que o descubra e ofrézalle o contrato da súa vida: Actuar para un auditorio de 100.000 persoas e ser lembrado como unha lenda.
Por iso función a función creará o espectáculo co que será lembrado e amado, como unha rockstar. Así Dimitri preséntase en escena acirrado pola súa tolemia e pretensión desmesurada. É a historia dun antihéroe, dun idiota dun perdedor que ten a ousadía de seguir pelexando polo que quere. Este espectáculo está dedicado aos antihéroes, aos soñadores.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android