22:00
Xoán Curiel: Treides comigo!

Xoán Curiel: Treides comigo!

Xoán Curiel nace en Fonsagrada, na montaña de Lugo, a noite de San Xoán do ano 1975. No 1998 trasládase a Santiago de Compostela, onde desenvolve a súa carreira como actor, músico e cantante. Fórmase en teatro, teatro musical e outras disciplinas escénicas en Santiago, Barcelona e Madrid, namentres vai desenvolvendo a súa carreira como compositor e letrista.

Durante sete anos Xoán traballa en diferentes compañías teatrais como actor, cantante, músico e bailarín, ata que grava o seu primeiro disco Nai no ano 2008. Un disco que dará como resultado as súas primeiras xiras internacionais (Brasil, Portugal, Arxentina, Italia ou Francia entre outros).

No ano 2011 presenta o seu segundo álbum Magnético Zen, co que gaña o premio a Mejor Álbum en Lengua Gallega, dentro da V Edición de los Premios de la Música Independiente. Poucos anos despois, xunto coa Banda do Verán presenta Estamos no verán!!!, un libro-disco infantil nomeado tamén nos VI Premios de la Música Independiente.

Cara o 2015 ten a oportunidade de gravar a súa voz na película galego-cubana Maimiño, coas cancións que Silvio Rodríguez crea para dito film.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android