17:30
Cantando con Pinocho

Cantando con Pinocho


Cantando con Pinocho, é un proxecto no que o Fada de Cabelos Turquesa e Cogombro, contarán o conto que enlazarán cantando en directo con acordeón e piano, as cancións inéditas compostas para a obra teatral de Pinocho.

As cancións tratan os temas da liberdade, os alimentos ou a importancia de perseguir un soño, entre outros. Abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos ensinará un camiño cheo de sensibilidade. Cristian Leggiero, Cogombro e Paty Lesta, Fada de Cabelos Turquesa, farán que os nenos pasen unha xornada moi divertida e ademais aprendan das leccións que se mostran no conto de Pinocho. Duración: 40 min Pódese realizar en interior ou en exterior.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android