18:00
Xela e o dragón traga-verbas

Xela e o dragón traga-verbas

Espectáculo de aventuras. A súa protagonista, Xela, unha nena de 9 anos, ten que liberara os seus compañeiros de escola atrapados polo malvado Demo Luciferino que, valéndose do Dragón Dracus traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Para iso Xela e os seus compañeiros de escola, teñen que enfrontarse o Luciferino e convencer Dracus Cus Cus do terrible mal que esta causando.

Espectáculo que trata a importancia do uso cotián da lingua galega, e da conservación da nosa identidade.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android