21:00
Nigranjazz

Nigranjazz

O Concello de Nigrán ofrecerá o 28 e 29 de xullo a edición máis xuvenil da Historia do Nigranjazz descontando ao célebre guitarrista estadounidense Steve Cardenas, profesor da mítica New School de New York e quen ofrecerá tamén unha master-class. O evento, no que se desvelou o cartel gañador, a cargo do canario Melchor de Ponte Caicoya, foi presentado esta mañá na nave de cervexas Banda en Porto do Molle, marca local que, un ano máis, colabora co festival.

Así, o pianista vigués Suníl López abrirá o festival o venres 28 con Joan Codina ao contrabaixo e Genius Wesley á batería seguido do guitarrista italiano Simone Basile co seu quinteto (Manuel Caliumi ao saxo, Enzo Carniel ao piano, Ferdinando Romano ao baixo e Giovanni Paolo Liguori á batería). O sábado 29 será o turno do trío do saxofonista Miguel Seoane (Mauro Cottone ao contrabaixo e Giacomo Camilletti á batería) e a continuación, o concerto estelar de Steve Cardenas (nos vindeiros días ofrecerase información para apuntarse á masterclass do sábado pola mañá no Auditorio Municipal). Como é habitual, tras cada xornada haberá jam-session no mesmo recinto (o venres a abre o cuarteto do trompetista Gabriel Saitto e o sábado o do guitarrista Martín Verde)

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android