20:00
Xogando a reciclar

Xogando a reciclar

Reciclaxe, humor, medio ambiente, espectáculo, lixo, participación do público...

Neste obradoiro teatralizado, en chave de clown, clasificaremos todos estes xéneros no seu correspondente contedor para obter unha forma diferente, e sobre todo divertida, de aprender a importancia da reciclaxe.

Pasamos a vida xerando lixo, practicamente todo vai envolto ou nalgún “paquete”, por iso é importante saber onde vai cada cousa. E a mellor maneira de aprender é XOGANDO E RINDO!

Unha experta en reciclaxe terá que ensinarlle ó seu novo, e torpe, axudante tódolos segredos da separación de lixo e para iso contará coa axuda do público.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android