21:00 hasta las 23:59
FESTA TABOADA DE MONFERO 2023

FESTA TABOADA DE MONFERO 2023

FESTA TABOADA DE MONFERO 2023

PROGRAMACIÓN: Ver cartaz

A parroquia de Taboada, no concello de Monfero, inclúese entre os seis lugares da comunidade galega seleccionados por Estrella Galicia para desenvolver este verán A Nosa Verbena, a exitosa iniciativa coa que a recoñecida compañía aposta por recuperar e asentar a celebración destas tradicións en zonas do rural galego que se atopan en risco de desaparición. 

A festa na devandita parroquia monferesa terá lugar o vindeiro 17 de xullo. As seis seleccionadas entre as máis de 200 candidaturas recibidas presentaron as súas credenciais para participar na iniciativa, defendendo o valor que a súa verbena achega á comunidade e describindo anécdotas e tradicións que avalan o seu arraigo.

Deste xeito, a cervexera percorrerá un verán máis toda a xeografía galega co obxectivo de dar un novo pulo a estas celebracións, especialmente. A despoboación, a falta de orzamento ou o abandono rural están poñendo en perigo os pobos galegos e as súas tradicións, como o caso das romarías e as verbenas.

Taboada, ao igual que as demais seleccionadas, recibirán apoio da empresa para recuperar a súa festa e poder manter viva a súa tradición. Ademais, proporciona apoio ás localidades para que, ao longo dos anos, a tradición poida manterse de forma autónoma da man dos propios veciños.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android