20:00
Os Monifates de festa en festa

Os Monifates de festa en festa

Un carromato, dous músicos ambulantes e os máis diversos monicreques danzantes. Os Monifates é un proxecto lúdico-­didáctico estreitamente relacionado coa cultura galega, que pretende mostrar a rica e variada música e instrumentación que se conserva en Galicia, unido á recuperación dos chamados monicreques danzantes, hoxe case en desuso, integrando así baile, música e marionetas nun formato distinto e orixinal. Os Monifates ofrecen neste espectáculo unha actuación chea de didáctica ao tempo que divertida, sexa cal sexa a idade do público, conseguindo así integrar música e baile tradicional con marionetas nun mesmo formato.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android