16:30
II Feira do Libro

II Feira do Libro

Continuamos a aventura!! O domingo 27 de agosto celebraremos a II Feira do libro Raio de Sol!

A feira comezará as 16:30 coa exposición das obras. As presentación comezarán as 17:30.

En esta ocasión estarán na feira presentando, vendendo e firmando as suas obras :

Julia Peña, natural de Soandres, A Laracha, presentaranos a sua novela "La niña del relicario"

Graciela Rabuñal, nacida en Uruguay, residente actualmente en Arteixo, traenos unha suxerente novela "Una mujer desmesurada".

Margoth Costa, de Carballo, traenos misterio e intrigas coa sua saga de Los Salvattore, "Oscuras intrigas" e " El puñal sagrado", e aventuras con "Gritos desde el Halja".

Xabier Maceiras, natural de Arteixo, que decir de Xabier? recoñecido investigador da historia de Arteixo e contorna, con unha ampla colección de obras, como as "Crónicas de Arteixo I, II e III" , Contos mariños de Carballo", "100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha" e agora mesmo presentando un gran traballo de investicación, "Os bailes dos Avós, música e salóns da Laracha de antano".

Francisco González Tejera, Nacido en Canarias, activista social e escritor, autor dos libros sobre a represión fascista nas illas. "Tormenta en la memoria", "Semilla de memoria" e "El viento más rebelde". Posteriormente publica "Fragmentos de rebelión", e "Señales del alba" no que a portada e protagonizada por unha foto do seu avó, asasinado polo fascismo.

Esperamosvos e esperamos que o pasedes ben!!!

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android