11:00 hasta las 21:00
FEIRA IRMANDIÑA

FEIRA IRMANDIÑA

A Feira Irmandiña do Bolo, abrirá as súas portas ao público en horario de 11:00 a 21:00 horas, e reunirá postos relacionados con produtos locais — embutidos, viño ou mel serán algúns dos protagonistas—.

Os postos instalaranse na praza ó lado da igrexa e na contorna da muralla do castelo.

No interior da fortaleza, no patio de armas, habilitarase unha zona de comida que contará con la participación dun pulpeiro.

Tamén haberá cantos de taberna e demostración de oficios artesanais.

O gandeiro galego, Mario Nogueira, acudirá ao evento acompañado dos seus bois, para ensinar ao público asistente a súa destreza na doma destos animais.

Coincidindo coa Feira, o Concello organiza, de balde, tres visitas guiadas ao castelo nas que os veciños e visitantes poderán realizar unha apaixoante viaxe ao pasado, no que descubrirán a historia da fortaleza e outros segredos que se esconden entre as súas paredes.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android