12:00 hasta las 20:00
XXXV ROMARÍA DO PAN DE MILLO 2023 | Cabral

XXXV ROMARÍA DO PAN DE MILLO 2023 | Cabral

XXXV ROMARÍA DO PAN DE MILLO 2023 | Cabral

A popular Romaría do Pan de Millo, que se celebrará no parque forestal de Cotogrande (Becerreira), situado na parroquia viguesa de Cabral, terá lugar na xornada do domingo 27 de Agosto.
Durante a romaría, os presentes poderán adquirir este delicioso pan e degustalo acompañado de polbo á feira, sardiñas asadas e empanada.

A nota musical da festa estará a cargo, en horario de mañá, do Grupo Folclórico Helios de Bembrive e da Banda de Música Unión Musical de Coruxo. 
A tarde estará animada polo Grupo de Canto Loureiro Verde do C.C.R. Cabral, o Grupo de Gaitas Cotogrande do C.C.R. Cabral e polo grupo de pop-rock Argonat Band do C.R.C. de Torroso.

Os asistentes tamén poderán visitar nesta xornada unha nova edición da Mostra dous Produtos do Campo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android