+INFO: https://sondaldea.es/ VENRES 1 17:00 - PARLADOIRO: “COIDADOS, ENCONTROS E TRANSFORMACIÓN COMUNITARIA” A xornada debate porá o foco de atención no traballo que levan a cabo dúas cooperativas sociais, Feitoría Verde e Outonía. Entenden o medio rural como espazo de encontro no que reflexionar sobre a relación co medio social e natural e, tamén, como espazo para compartir e transformar mediante a creación de redes e sinerxías. Modera: Santiago (Chago) Prado Conde PARTICIPAN: Miguel Pardellas e Andrea López (Cooperativa Feitoría Verde): Do desequilibrio aos soños compartidos Araceli Macías e Tania Sánchez (Cooperativa Outonía): Cidadanía mutante para un mundo rural. A recepción de participantes empezará ás 16:30, no PARLADOIRO de SANTIAGO DE ALBÁ. Recomendamos chegada puntual. 19:30 - PRESENTACIÓN DOS LIBROS: Animais fantásticos de aldea de Andrea García Martínez SON D'ALDEA 2022 20:30 - AVELINO GONZÁLEZ, presenta... CONTOS DA ALDEA 21:30 - CEA NA ALDEA SÁBADO 2 10:00 - ROTEIRO TEATRAL A DESPEDIDA SON D´ALDEA avivece de novo. Baixo a sombra das carballeiras, ao pé das casas de Curbián e a carón do río Roxán, percorremos as despedidas que axexan na aldea. Despedimos o rapaz e unha criada nena; lembramos a marcha á emigración; choramos unha cadela e unha vaca; a muller despide os queridos, o caseiro un lugar sen saber a onde ir; sentimos o baleiro de quen morre e as meigas axexan. Os nenos xogan a matar con escopetas de pau. Despedimos ao son vida. INDICACIÓNS IMPORTANTES PARA O ROTEIRO O ROTEIRO TEATRAL 2023 FARASE POR LUGARES SITUADOS NA CONTORNA DA ALDEA DE CURBIÁN ESCENAS TRANSICIÓNS 1.- Ao pé do cruceiro. 1.- Amas de lugares… e de vidas. 2.- Mocear e servir. 2.- No lavadoiro. 3.- Benedicto Fuentes Díaz 3.- O Setechaquetas. 4.- Ir ou quedar 4.- O baleiro dun adeus. 5.- A despedida do rapaz. 5.- O canelo da despedida. 6.- O pozo das meigas. 6.- O documento. 7.- A razón da vida. 7.- Muíño da Ribeira. 8.- Pero mañá, se chego aló. 8.- Mixán. 1.- MOI IMPORTANTE: A RECEPCIÓN SERÁ AO LADO DA IGREXA DE CURBIÁN. Ubicación: https://goo.gl/maps/C15NW5FWjAwQjA5z8 2.- A recepción de participantes empezará ás 9:30. Recomendamos chegada puntual. 3.- Recomendamos levar calzado e roupa axeitada para camiñar. 4.- Unha vez rematado o roteiro trasladarémonos (cada un no seu medio de transporte) ata Santiago de Albá, no mesmo lugar de todas as edicións anteriores, para gozar do... 14:30 - XANTAR NA ALDEA (Se alguén quere menú vexetariano, debe comunicalo previamente no whatsapp 613 33 06 07, ou no momento da recepción) 17:00 - XOGOS POPULARES 19:30 - ACTUACIÓN 1 GRUPO AILÁ (PROGRAMA XUNT@S POLO SERÁN 2023 VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO - ÁREA DE CULTURA) 21:00 - CONCERTO A BANDA DA BALBINA DURANTE TODA A XORNADA... MOSTRA DE ARTESANÍA ALIMENTAR Arqueixal - Xianas - Os do Sabugueiro - Licor do Romualdo - Mariñeiras Daveiga – Porcos de Rumín – Castañas Naiciña – Adega do Porto - Xeou. OFICIOS ARTESÁNS As Espigadoras - Cesteira de Santamariña - Cestería viva – Tendacultura – Johan Photography – Horas perdidas
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar