11:00 hasta las 18:00
Xornada de observación de libélulas

Xornada de observación de libélulas

Unha vez máis e grazas á colaboración entre a AGCT e a Deputación de Lugo, o domingo 3 de setembro realizaremos unha nova saída pola Reserva da Biosfera de Terras do Miño para observar elevada biodiversidade de libélulas e cabaliños do demo existentes neste territorio. Invitámosvos a participar nesta xornada que comezará ás 11:00 na Casa das Insuas, Rábade (Lugo) e visitaremos diferentes ríos, lagoas e humidais da zona en vehículos propios, rematando ás 18:00. É necesario traer roupa e calzado de campo cómodo así como bebida e comida para o xantar. Actividade gratuíta. Inscricións na páxina web da AGCT (http://www.custodiadoterritorio.org/actividades) e máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (WhatsApp ou teléfono). Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android