17:00
Bebecontos: 'Unha tarde especial con Dori', con Batucado & Emusin

Bebecontos: "Unha tarde especial con Dori", con Batucado & Emusin

Para nen@s de 1 a 3 anos

Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela ( 986-454-226, bibliotecachapela@redondela.gal).

De balde.

““Unha tarde especial con Dori” lévanos ó cuarto dunha rapaza moi curiosa e con moita imaxinación. Veremos como Dori prepara algo especial para a súa Avoa polo seu aniversario. Será unha torta? Un debuxo? Ou unha canción? Teremos que acompañala nesta aventura para descubrilo, na cal mediante contos, movemento, música e elementos luminosos nos fará pasar un día máxico.”

A actividade ten lugar na biblioteca a través do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.

+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/aviso-cambio-de-data-no-contacontos-para-bebes-da-biblioteca-xela-arias-de-chapela/

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android