Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.
O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar