18:00
Ilusionante

Ilusionante

O ilusionista Pedro Volta presenta o seu show de maxia familiar ILUSIONANTE. Con todas as medidas de seguridade e hixiene, poderedes gozar de forma segura, cómoda e ampla dun espectáculo sorprendente en vivo e en directo. Porque temos que volver recuperar a ilusión. Non te perdas este show especial para vivir en familiar unha experiencia ILUSIONANTE no teatro.

Un show de maxia creado para estes tempos. Pedro Volta, acertará predicións imposibles cos espectadores, verás maxia ultra moderna e emocionante inspirada en series e películas como a Casa de Papel, Regreso ao futuro, os Cazafantasmas ou Mandalorian. Todo iso, acompañado cunha gran pantalla para que non perdas detalle en todo momento e alucines coa súa maxia. O ilusionista Pedro Volta, (semifinalista de Got Talent e director artístico de Galicia Magic Fest) fará que pasedes unha tarde ILUSIONANTE chea de maxia, emoción e asombro en familia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android