20:30
Backup A Resurrección de Nuno Teatro en Carral

Backup A Resurrección de Nuno Teatro en Carral

BACKUP A Resurrección de Nuno O Venres 27 de Outubro De Ste Xeito Producións presentará a súa “Comedia post Mortem” no Concello de Carral. # 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢: A cita será o Venres 27 de Outubro ás 20:30 horas. Local Xente Nova de Tabealo - Carral. Entrada gratuita ata completar aforo do espazo. Público +12anos. Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña e do Concello de Carral. Este espectáculo conta co apoio na creación da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, Agadic. e a colaboración do Concello de Vigo.

# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘: En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

A ‘Resurrección de Nuno‘ e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen embargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. ¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android