11:00
Obradoiro de ilustración científica

Obradoiro de ilustración científica

O obxectivo desta actividade é abordar as bases e o papel esencial da ilustración científica no avance do coñecemento. O taller que terá un carácter fundamentalmente práctico, estará guiado por Carmen Vega, investigadora da Misión Biolóxica de Galicia CSIC e ilustradora. Nesta actividade as persoas participantes crearán as súas propias ilustracións partindo de nocións básicas de debuxo naturalista e de técnica de acuarela que serán abordadas pola relatora. O tema a tratar serán as especies vexetais da zona, coas que se traballa na Misión Biolóxica de Galicia. A través da observación exhaustiva, tentarase plasmar da maneira máis fiel as características morfolóxicas da especie escollida.

Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/obradoiro-de-ilustracion-cientifica
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android