20:30
El busclown

El busclown

Espectáculo que recrea El Buscón de Francisco de Quevedo, obra na que se narran as aventuras e desventuras deste personaxe chamado Pablos e as súas viaxes por España en busca do ascenso na escala social e fortuna, mostrado como triunfador nalgunhas ocasións, pero sempre perdedor. 

Na nosa proposta achegamos os códigos e o traballo escénico que nos caracteriza; teatro gestual, circo, clown, comedia da arte e música en directo.

Especialmente visual, os elementos escénicos son escasos para favorecer un ritmo áxil e delirante dos acontecementos que teñen lugar na escena.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android