20:30
Falemos como galegas

Falemos como galegas

Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?

“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.

María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.

As cancións, alén de cuestións sociolingüísticas, tratan temas como a defensa da cultura propia e do patrimonio natural, a influencia dos medios de comunicación, a publicidade, a moda, o clasismo etc.

Cada función de “Falemos como galegas” é unha invitación amena e divertida a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado entre as galegas e galegos de todas as idades.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android