18:30
RUNNING Teatro en Navia

RUNNING Teatro en Navia

RUNNING!!!! Estaremos de novo en Vigo!!! Domingo 18 de Febreiro, ás 18:30 horas, estaremos no Auditorio da Asociación Veciñal Emilio Crespo de Navia. Entrada de balde. Aforo limitado. Máis información: https://www.facebook.com/profile.php?id=100064326866475 Evento organizado pola Asociación Veciñal "Emilio Crespo" de Navia coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa Culturea.

# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘: Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?” Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?

E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo? Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android