20:30
BACH. OS CONCERTOS DE VIOLÍN

BACH. OS CONCERTOS DE VIOLÍN

2. BACH: Os concertos de violín Sábado 16 de marzo ás 20:30h Auditorio do Teatro Afundación de Vigo

Os concertos para violín e orquestra de J. S. Bach son obras fundamentais no repertorio para este instrumento. Son o resultado dunha extensa produción artistica datada entre 1717 e 1739 da que só nos chegaron estes tres exemplos: os concertos de la menor, mi maior e re menor, obras que rara vez temos a oportunidade de escoitar en conxunto.

Esta integral permitiranos escoitar en directo a totalidade desta serie de concertos que chegou aos nosos días para coñecer as súas similitudes, elemetos en común e diferenzas grazas ás aportacións dos artistas David Veiga, Manuel Sabucedo e Raquel Carrera.

Unha unidade que nos permitirá coñecer unha nova lectura do coñecido.

Solistas: David Veiga Manuel Sabucedo Raquel Carrera Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Imaxe: @carmenitamad

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android