20:00 hasta las 21:00
Presentación-palestra de MANUEL LÓPEZ PINAL. CRÓNICA DUN RADIOTELEGRAFISTA DA FLOTA REPUBLICANA

Presentación-palestra de MANUEL LÓPEZ PINAL. CRÓNICA DUN RADIOTELEGRAFISTA DA FLOTA REPUBLICANA

O xoves, 29 de febreiro, nova presentación literaria en OZOCOgz
Desta volta en forma de presentación-palestra de "Manuel López Pinal. Crónica dun radiotelegrafista na flota republicana", obra do historiador Xosé Manuel López Franco.
Sabías que o protagonista deste suceso histórico era natural do Carballiño?
Si, Manuel López Pinal naceu no Carballiño en 1912 e foi un dos protagonistas duns episodios dos máis heroicos da Guerra Civil, foi un dos máis destacados militares da armada da segunda república española, acadando o cargo de vicepresidente do Comité de cabos e comisario político da República. Foron as escalas inferiores da milicia naval as que fixeron posible que boa parte da Armada republicana non se sublevase contra o goberno da II República, tomando o control dos seus barcos e garantindo dese xeito que fosen moitos os que se mantiveron na lealdade republicana ata a fin da guerra española.
Disto e moito máis nos falarán o vindeiro xoves o autor da obra, Xosé Manuel López Franco (sobriño do biografado), o historiador lalinés, aínda que afincado no Carballiño dende moi novo, Carlos Méixome e o editor do libro Antón Mascato.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android