21:00
FEMINÍSSIMAS Teatro en A Rúa

FEMINÍSSIMAS Teatro en A Rúa

O Venres 8 de Marzo De Ste Xeito Producións celebrará o Día Mundial da Muller presentando a súa comedia violeta, "FEMINÍSSIMAS", no Centro Cultural Avenida - A Rúa.

Este evento forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21.22 e da Axencia Galega das Industrias Culturais

# 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢: A cita será o Venres 8 de Marzo ás 21:00h. Centro Cultural Avenida do Concello de A Rúa. Público +12anos.

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven… con 3 maneiras ben distintas de entender o «feminismo». Este é o punto de partida desta creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira, tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incogruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android