19:30
A PEGADA DO ÓRGANO NO CINEMA

A PEGADA DO ÓRGANO NO CINEMA

CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS

>>> O ÓRGANO SAE Á RÚA

PROXECCIÓN | A PEGADA DO ÓRGANO NO CINEMA: ORGAN (O ÓRGANO, ŠTEFAN UHER 1965)

O órgano sae novamente á rúa e a programación do ciclo De Lugares e Órganos ten outra cita co cinema na sala NUMAX para asistir á proxección da película Organ, dirixida por Štefan Uher en 1965. Ambientada na Segunda Guerra Mundial durante a creación de Eslovaquia e a ocupación alemá, narra a historia dun mozo polaco, talentoso organista e desertor, que atopa refuxio ao escapar dos fascistas nun mosteiro franciscano. A película, en branco e negro, ofrece unha poética ollada sobre totalitarismo e as súas consecuencias e pon o foco na funesta unión entre o clero e o estado eslovaco, que se teceu entre os anos 1939 e 1945. A película estreouse no Festival de Cine de Locarno en 1965, onde gañou o Premio Especial do Xurado e nela o órgano e a música de Bach son tamén os protagonistas e o fío condutor a través do que se recrea a trama.

Idioma: Eslovaco, Polaco Subtítulos en galego

Duración: 99 min

Co apoio do Instituto Eslovaco da Cinematografía e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A proxección irá acompañada dunha pequena conversa para contextualizar a proxección e achegar as claves que permitan entender a conexión do filme co mundo do órgano.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/pegada-do-%C3%B3rgano-no-cinema
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android