Mércores de thriller ético coa proxección de "Sala de profesores" de Ilker Çatak!
Carla Nowak, unha idealista profesora de matemáticas e deportes, comeza o seu primeiro traballo nunha escola de secundaria. Cando se producen unha serie de roubos na escola e as sospeitas recaen nun dos seus alumnos, decide chegar ao fondo do asunto pola súa conta. Carla intenta mediar entre familias indignadas, colegas obstinados e estudantado agresivo, pero enfróntase ás implacables estruturas do sistema escolar.
Premios 2023: Berlinale; Label Europa cinemas
Sesións ás 18h e ás 21h Na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense) Cota: 5€
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar