As sesións comezarán ás 22h, e coma noutras edicións, serán en versión orixinal subtitulada.
"A familia Samuni" de Stefano Savona!
Na periferia rural da cidade de Gaza, unha pequena comunidade de agricultores, a familia Samuni, disponse a celebrar unha voda. É a primeira festa desde a última guerra. Amal, Fuad, os seus irmáns e curmáns perderon a seus pais, os seus fogares e as súas oliveiras. O barrio no que viven está a ser reconstruído. Replantan as árbores e aran os campos, pero unha tarefa aínda máis difícil recae sobre estes mozos superviventes: reconstruír a súa propia memoria. A través dos seus recordos, A familia Samuni traza un profundo retrato dunha familia antes, durante e despois dos tráxicos sucesos que mudaron as súas vidas para sempre.
Entrada de balde! | ¡Gratis! | For free!
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar