20:00
EN LEMBRANZA DE JAVIER ALBATROS: “Folks… para siempre. ¡Tú mismo!”

EN LEMBRANZA DE JAVIER ALBATROS: “Folks… para siempre. ¡Tú mismo!”

Acto:

EN LEMBRANZA DE JAVIER ALBATROS:

“Folks… para siempre. ¡Tú mismo!”

Día: venres, 12 de abril de 2024

Hora: 20:00

Lugar: café Bizarro (Club Naval Pontevedra; Av. de Uruguai, s/n)

O Ateneo de Pontevedra organiza o acto EN LEMBRANZA DE JAVIER ALBATROS: Folks… para siempre. ¡Tú mismo!, que terá lugar o vindeiro venres 12 de abril, ás 20 horas, no café Bizarro.

A actividade, dividida en tres partes, comezará cun coloquio no que intervirán os seus amigos Luis Barcia, Rafa López Torre, Tino Domínguez e Julio Otero. A continuación terá lugar a proxección dun audiovisual realizado por Manolo Yáñez. E, como despedida, actuará a Banda Black Stones, ao que Javier estivo moi vencellado.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Datos biográficos

Javier Fernández Albatros (Pontevedra, 1950-2024), fotógrafo, pintor, autor de colaxe e recreacións fotográficas, tivo os seus comezos como artista fotógrafo no Ecumenical Social Action Committee de Boston, Massachusetts – EE.UU., onde acadou a condición de profesor de fotografía en laboratorio, exercendo dita condición como profesional na mesma entidade.

Desde 1978 exerce como fotógrafo profesional en diversos medios de comunicación e revistas especializadas galegas, españolas e estranxeiras, entre elas, como colaborador da revista National Geographic.

Acadou o primeiro premio de “Especial de Fotografía” (A Toxa, 1981), “Blanco e Negro” (Marín, 1982), “Fotografía Artística” (Elnosa, Pontevedra, 1982). Foi Premio Cidade de Pontevedra aos Valores Artísticos.

Realizou exposicións individuais de pintura e fotografía en Boston (1975), Pontevedra (1978, 1991, 1998, 2003, 2006), Vigo (1979), Logroño (1980), Zaragoza (1980), entre outras. A súa última exposición en Pontevedra tivo lugar o pasado mes de decembro no Liceo Casino, onde se exhibiron obras súas e do artista Tato Heredia.

Javier Fernández estivo tamén á fronte do afamado local de ocio pontevedrés Albatros, activo en dúas etapas: unha desde 1978 e outra desde 2004.

Estivo tamén vinculado ao grupo de rock Black Stones, aos que fotografou e aos que se uniu en diferentes ocasións sobre o escenario. Un dos membros da banda, Tino Domínguez, foi o seu socio no Albatros.

Javier Fernández Albatros faleceu o sábado 20 de xaneiro de 2024 en Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android