Este Luns de Filmoteca viaxamos a un cine de Taipei coa proxección de "Goodbye, Dragon Inn" de Tsai Ming-liang!
Nunha sala de cinema que perdeu a gloria do pasado proxéctase por última vez Dragon Inn, o filme de culto de King Hu. Un estranxeiro solitario chega a tempo para a última proxección nun recinto practicamente baleiro onde transitan sombras e pantasmas que se atopan detrás do proxector. Onde están os espectadores que antes enchían este cinema?
Única sesión ás 20:30h
Na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense)
Socias: de balde! / Non socias: 2,50€
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar