18:00
Unha noite no muíño

Unha noite no muíño

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer, ... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

Neste espectáculo Caxoto fai un percorrido por esas tradicións, cóntannos como se adivertían as nosas avoas e avós e converte o escenario nun local de baile improvisado onde escoitaremos de muiñeiras, agarrados, pasodobres, ... ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón, ... e quen sabe? ... cun pouco de sorte incluso aprendemos a bailar unha sinxela muiñeira.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android