Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnovarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o pallaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!,
Ao pouco aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade!!
Haberá que buscalos!
Coa axuda de todos os nenos, Nika e Igor saen en busca dos seus animais:
O Rino Chino, A Elefanta Samanta, a Xirafa Xosefa e o León Antón!
Comeza entón unha divertida tarefa onde irán aparecendo estes simpáticos animais: música, animación, interacción co público, carreiras, tolerías, gincanas, bailes…, unha aventura para para pasalo en grande toda a famila!.
Viva o circo!, iso si, sen animais.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar