17:00
Día de Europa Lugo 2024

Día de Europa Lugo 2024

Lugo celebrará este xoves, 9 de maio, o Día de Europa cunha cita na Praza Maior que incluirá un desfile de moda sostible feita por deseñadores lucenses, a actuación dun Dj, talleres infantís, mesas informativas e sorteo de agasallos.

A xornada prolongarase de 17.00 a 20.00 horas e arrincará cunha sesión musical a cargo do Dj DJ Hugo Leivas e seguirá cun taller infantil de tatuaxes temporais, a apertura dunha mesa informativa sobre o Día de Europa e un sorteo de agasallos entre os asistentes.

Para as 18.00 horas está previsto un acto institucional, coa lectura dun manifesto e o izado da bandeira da UE, e a continuación celebrarase a entrega dos premios do concurso de fotografía 'Cidadanía Europea en Galicia'.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android