18:00
Des(a)fiada. Tecendo música, fiando memoria.

Des(a)fiada. Tecendo música, fiando memoria.

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Como en case todas as historias, sempre hai dúas caras dunha mesma moeda. A muller ao longo dos tempos, tocoulle case sempre ficar na cara non protagonista, na menos visible, pero non por iso na que máis doado resulta habitar.

O proxecto-espectáculo “Des(a)fiada”, pretende analizar cal foi aposición da muller no rural de Galicia nos grandes acontecementos da historia a través dos seus propios testemuños.

O espectáculo musico-audiovisual, achegará ao público, sempre cunha mirada feminina e procurando a reflexión necesaria para o feminismo, vivenzas no tempo da guerra e posguerra, na emigración, a emancipación da muller a través do negocio da costura ou a diversidade no rural.

Na guerra non só loitaron os homes, tamén o fixeron as mulleres agardando, en moitas ocasións, a peor das noticias, mentres non se permitían fraquear un só segundo porque había persoas e menores,que dependían desa afouteza supra humana.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android