20:00
SuperHarte

SuperHarte

Como conseguir evitar que o medo te paralice, cando eres pequena e todos te din que non podes? A clave está en SUPERHARTE. Un espectáculo cunha mensaxe de empoderamento para todo o público, os adultos, os nenos e sobre todo as nenas: vencer o medo e ser capaz de facer o que semella imposible. Buscando a confianza en si mesma e grazasó apoiodo público, Patty conseguirá chegaró máis alto. Compartindo polo camiño a alegría da superación constante dos temores máis profundos. Todo isto con moitas risas, acrobacias, bailes e o globo máis grande que poidas imaxinar.

Porque por moi complicado que pareza, por moi grande que sexa o globo, por tola que sexa a idea, Patty consegue con esforzo e ilusión conquistar proezas que moitos creerían inalcanzables para ela.

Porque se te din que non es capaz ti failles ver que están equivocados.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android