19:00 hasta las 20:00
'Só nos sobrevivirán os nosos acenos' de Abraham Pérez na Fundación Granell

"Só nos sobrevivirán os nosos acenos" de Abraham Pérez na Fundación Granell

Este martes 14 de maio ás 19:00h, terá lugar a intervención artística “Só nos sobrevivirán os nosos acenos” do poeta lucense Abraham Pérez, dentro da actividade “A miña peza favorita” da Fundación Granell de Santiago de Compostela (Praza do Toural s/n, Santiago de Compostela).

“A miña peza favorita” é unha actividade que se iniciou no ano 1997 que consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte da colección da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.

Nesta ocasión, Abraham Pérez e a Galería NÉBOA, seleccionaron as pezas "Así é como o museo asasina ao artista", de Eugenio Granell (1981) e "Nazis brindando", de Saul Steinberg (1940) dos fondos da colección Eugenio Granell; xunto cunha selección de poemas de Abraham Pérez: "o corpo transparente das horas", "Liñas do cuestionamento", "unha teoría para os espectros" e o manifesto poético "Incursión diagonal". 

Abraham Pérez (Lugo, 1990) é escritor. Autor da novela "O paso en falso" (Editorial Galaxia, 2023), do ensaio "Sacho de seda" (Menino Morreu, 2023) e dos poemarios "o corpo transparente das horas" (Editorial Galaxia, 2022), "unha teoría para os espectros" (Toxosoutos, 2021) e "Fragmento/Creba" (Editorial Galaxia, 2020). No ano 2022 acadou o accésit no XXV Certame Francisco Añón de Poesía pola súa obra "toxicidade". Foi un dos artistas seleccionados para desfrutar da Residencia Artística Mariñán de literatura e pensamento no ano 2022 convocada pola Deputación da Coruña; e da Residencia de creación literaria Illa de San Simón no 2023, convocada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Amais, ten colaborado con distintos medios e revistas especializadas como  Grial, Luzes, Praza Pública, Dorna: expresión poética galega ou Xistral, entre outras. A súa obra está recollida en distintas antoloxías.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android