18:00
Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo

Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
"Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público. Pakolas tamén nos presentará a súa máquina do tempo no directo

En “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo” Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020)

Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións e a narración, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Moitas personaxes poderedes atopar nos seus librodiscos, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi rockeiro.

En definitiva un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia. Pakolas incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos mais aclamados polo público.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android