20:00
Con ciencia Malabar

Con ciencia Malabar

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Un profesor de ciencias algo torpe e despistado nun desafío constante contra a gravidade, deseña un microcosmos sideral a través dos lanzamentos dos malabares, onde as matemáticas prestidixitan as leis do movemento. Con xogos pedagóxicos coa participación do público voluntario, no papel de alumnado espontáneo.

Ensaio e erro, a ciencia é asumir a ignorancia. Unha proposta sobre o método científico onde só a experiencia dá o saber, nunha viaxe infinita cara o horizonte da sabedoría.

Un espectáculo didáctico en torno á arte dos malabares nunha aventura educativa, porque:
_ “Ter vontade de aprender é o elixir da eterna xuventude"
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android