22:45 hasta las 01:45
Ballroom Music Project ( Lindy hop e swing)  Anticipada 13 €

Ballroom Music Project ( Lindy hop e swing) Anticipada 13 €

O sábado 25 de maio celebramos o Aniversario de Frankie Manning en La Room (Rúa Sol, 142, Ferrol).
Frankie Manning foi, e segue a ser, un dos referentes con máis influencia no actual panorama do Lindy Hop a nivel mundial.
Apertura porta 22.45 h.
Ás 23.00 h. ... Concerto de Ballroom Music Project
con Carlos Tomico á voz, Jana Herrera ao piano, Eoin O'Sullivan ao baixo e David Jácome á batería.

00.30 h. pinchada Elena e Jorge de Swing On Djs!

ENTRADAS : ANTICIPADA 13€ / PORTA 15€
PUNTOS DE VENDA ANTICIPADA: Sala La Room, Rúa Sol, 142, Ferrol.
Swing On, en Simia Coworking, Alfonso XIII, 9, Vigo

Mess Around Lab, @_messaroundlab_, Telf. 655201897
CORRE QUE VOAN!!

O Lindy hop é un estilo de baile que a comunidade africano americana bailaba nos Ballroom, as salas de festa do Harlem (Nova Iork) de entre os anos 20 e 50 do pasado século.

As bandas de swing tocaban música en directo e as bailarinas e bailaríns bailaban ate caer deitadas, para divertirse, e para olvidar.
Desa época datan os standards máis coñecidos, que as bandas de todo o mundo seguen a versionar como as auténticas obras de arte que son.
Con esta pretensión, a de trasladarnos por un anaco ás pistas de baile dos anos dourados do Swing e facernos bailar ate caer de cu, nace Ballroom Music Project, con Carlos Tomico á voz, Jana Herrera ao piano, Eoin O'Sullivan ao baixo e David Jácome á batería.

Nos descansos contaremos cos temazos de Elena e Jorge de Swing On Djs!

Currantes incansables do Lindy e a súa cultura, manteñen viva e candente a chama coas súas pinchadas e as súas clases en Vigo, a súa casa, e alá onde van.

Tanto do jazz como o Lindy Hop son expresión artísticas que xorden da necesidade de xerar espazos de liberdade, resistencia e alegría ante a dor xerada polo racismo e a opresión,herdadas das malas políticas que derivaron da colonización e a esclavización da comunidade africano americana, e que seguimos arrastrando ata os nosos días.

Dende Mess Around Lab traballamos para manter viva esa esencia, que nos semella tan necesaria nos nosos días. As artes, como ferramentas cun inmenso potencial transformador, axúdannos a atopar e redefinir a identidade individual e comunitaria, a crear,dende o común, escenas máis respetuosas, amables e coidadosas onde caibamos todas, cada quen coas nosas peculiaridades, luces e sombras.

Xa o di a filosofía sudafricana do Ubuntu: eu son porque nós somos, e porque nós somos, eu son.

AVISO A NAVEGANTES: Non é preciso saber bailar para disfrutar do concerto. Podes vir a escoitar, a ver, a sentir a vibra da música e o baile en directo, e… quen sabe… igual te contaxiamos e te animas a dar uns pasiños

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android