10:00 hasta las 00:00
Feira Franca Medieval de Betanzos

Feira Franca Medieval de Betanzos

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV.
As rúas e os balcóns dos edificios do Centro Histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo.

Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:

Chegada do Señor de Andrade á cidade, que fai referencia á concesión no ano 1465, por parte do rei Enrique IV de Trastámara a Betanzos, do título oficial de CIDADE e á concesión no ano 1467 do privilexio de poder realizar unha Feira Franca cada ano no mes de novembro.

Incendio da cidade no ano 1569.

• Outras representacións históricas: a Batalla das Figueiras e a Revolta Irmandiña.

• Na terceira xornada prodúcese quizais a escena máis laboriosa de todas que recrea a peste a as doenzas que asolaron a cidade no ano 1381, e que conclúe cunha representación da expulsión dos leprosos da cidade.

• Na tarde do domingo e na Praza dos Irmáns García Naveira ten lugar un torneo medieval a cabalo con representación dun xuízo de Deus e unha xusta, todo isto precedido dunha exhibición de tiro con arco e unha exhibición de cetraría.
Todo está complementado con gran cantidade de música e teatro de rúa. Malabares, representacións nas distintas prazas do Centro Histórico, xogos de lume, xograres, bufóns, etc. Ademais de case 150 postos dedicados á venda de distintos produtos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android