18:30 hasta las 20:00
Exeria (Alt-Rock) en Santiago

Exeria (Alt-Rock) en Santiago

Deixamos atrás o mes de Maio, coa celebración do Beltane e as letras galegas, dando paso a Xuño, ao San Xoán, o cheiro das herbas e as cerimonias de limpeza. O solsticio de verán tráenos ritos e festas cheas de enerxía e lume, como as que se van celebrar en Lugo os dias 15 e 16 de Xuño.

Exeria combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula, todo aderezado con letras en galego. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico. As raíces son importantes para calquera proxecto, e o sentimento de pertenza a un lugar e tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións. Así o demostra no seu novo traballo Sobre a independencia, un EP de 5 cancións que se publicou o pasado Marzo acompáñado dun videoclip pertencente á canción A Costa de Frades.

Exeria 
16/06 18:30h Entrada inversa
Bar Embora, Santiago
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android