10:30 hasta las 04:30
Valadouro Rock 2024

Valadouro Rock 2024

O Valadouro acolle o sábado 22 de xuño a primeira edición do Valadouro Rock,  que reunirá bandas referentes e novos talentos na escena rock estatal en Ferreira co apoio da Vicepresidencia da Deputación e do Concello de Valadouro.  

A actuación da banda de heavy metal Obús  -en xira polo corenta aniversario – con Fortu Sánchez encabeza un cartel que tamén conta con outra figura de referencia como o fundador e exvocalista de Siniestro Total Miguel Costas. 

Os valencianos Gigatron -recoñecidos polo seu rock humorístico -, Vita Imana, Strikebak, Leather Boys,  Drunken Buddha ou Sküld nutren unha proposta que apela a distintas xeracións de amantes do rock e que reivindica tamén os grupos locais cos ribadenses Materia Muerta.

A organización porá a disposición do público servizos de bus desde Viveiro, con parada en  Xove, San Cibrao, Cervo, Burela, Cangas de Foz e Foz. A contorna do festival, que se celebrará no parque Concepción Arenal, contará con zona de acampada e con food trucks gastronómico. 

O recinto do festival, baixo a etiqueta de “festival amigo” contará tamén con stands doutros festivais da Mariña e do Occidente asturiano, xenerando sinerxias tanto a nivel de promoción musical como de público.

+INFO: https://valadourorock.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android