O Concello de Bóveda celebra este domingo, 14 de xullo, a XX edición da Feira Tradicional Outrora de Rubián cun completo programa de actos ao longo de toda a xornada. Este ano contarase con 35 postos expositores que estarán abertos desde as 10:00h. Pola coincidencia coa final da Eurocopa que xoga España instalarase unha pantalla de televisión no espazo de celebración da Feira Outrora para que as persoas interesadas poidan seguir tamén o partido e participar das actividades programadas ao longo da tarde. A programación de Outrora desenvolverase coa seguinte axenda: 10:15 h. dará comezo unha exhibición de escultura con motoserra. 10:30 h. comezará o pasarrúas do Grupo de Gaitas Municipal de Bóveda. 11:00 h. abrirán os obradoiro do Centro de Artesanía e Deseño da Fundación Artesanía de Galicia. 11:30 h. haberá unha concentración de vehículos clásicos e dará comezo a Misa na capela do Ecce Homo. 12:30 h. actuación de ‘Amigos da Pandeireta’ de Monforte. Entre as 14:30 horas e as 16:00 horas poderase xantar nos postos dos polbeiros e nos postos instalados para a ocasión. 16:00 h.haberá demostración participativas nos stands de Artesanía de Galicia e ás 17:00 horas darán comezo os obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño. 18:00 h. Festa da escuma, que dará paso ás 19:00 horas aos xogos tradicionais interxeracionais. 19:30 h. Concerto da coral municipal de Bóveda na capela. 20:00 h. Recreación etnográfica da malla. 21:00 h. pecharán os expositores e media hora máis tarde comezará a actuación de ‘Xograres de Lemos’ (21:30 horas). 21:00 horas celebrarase o tradicional Isco no guizo. O peche da festa corre a cargo do DJ’Vizcaíno a partir das 23:00 horas.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar