13:00 hasta las 15:00
Mareas de Vida

Mareas de Vida

A exposición fotográfica "Mareas de Vida" é unha iniciativa para poñer en valor o papel das mulleres do mar. É un evento organizado por FUNPROMAR (iniciativa impulsada por ANFACO-CECOPESCA), co apoio do Plan Social de ENCE e en colaboración coa marca SEREAS e FUNDAMAR.

A exposición fotográfica celebra o esforzo, a dedicación e a herdanza das mariscadoras da Agrupación da ría de Pontevedra e das mulleres que traballan na fábrica de Conservas de Antonio Alonso, S.A. de Bueu. A través destas imaxes, queremos destacar a súa valiosa contribución á nosa comunidade e compartir a esencia do seu traballo e a súa vida cotiá.

A exposición poderá visitarse a partir do venres 19 de xullo ata o 19 de agosto no Museo da Conserva (Sede de ANFACO-CECOPESCA - Campus Universitario de Vigo). O horario de visita é de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android