Concerto Alexandre Cabanelas Trío no Bar Nani en Sobrado do Bispo o venres 19 de xullo ás 22:30, dentro do ciclo EMULART 2024 organizado pola asociación Porta da Cadea. Alexandre Cabanelas Trío é un proxecto de jazz que nace da man do saxofonista Alexandre Cabanelas, que logo de formar parte de numerosos grupos e gravacións de todos os xéneros decide comezar a traballar nun proxecto máis persoal no que, a parte de facer arranxos de temas clásicos do jazz tamén incorpora composicións propias. Esta formación a trío, saxofón, baixo eléctrico e batería, permite unha liberdade improvisatoria maior que outras formacións máis grandes polo que conseguimos que o concerto sexa algo máis vivo. Os integrantes da formación son: -Alexandre Cabanelas aos saxos. -Efrén Novoa ao baixo eléctrico. -Héctor Pérez á batería.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar