N/D
Semana de Cine de Lugo 2024

Semana de Cine de Lugo 2024

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
XLVI SEMANA DE CINE DE LUGO 2024

A XLVI Semana de Cine de Lugo vaise celebrar do 23 ao 29 do próximo mes de setembro, organizada por Fonmiñá, en colaboración coa Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e a UNED.

Á convocatoria efectuada pola organización teñen sido presentadas un total de 1.512 películas, entre longametraxes e curtas, procedentes de numerosos países. Delas, 1.305 recibíronse a través de Festhome, 147 por Click for Festival, 45 de cine independente e 15 presentadas polas súas produtoras. De todas elas van ser seleccionadas un total de 146 que formarán parte da programación oficial da Semana.

Fonmiñá segue a traballar na organización da Semana, para a que reecentemente se asinou na Deputación Provincial o convenio de colaboración entre a Deputada de Cultura e o Presidente de Fonmiñá.

Un cartel de Santy Gutiérrez, anunciará a XLVI SEMANA DE CINE DE LUGO, por encargo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, entidade organizadora deste evento anual.

Santy Gutiérrez, vigués, que estudou en Santiago e reside en A Coruña, leva máis de trinta anos como creador gráfico de libros, carteis, humor, caricaturas, publicidade ou cómic.

Ten publicadas obras en Demo Editorial, Oed Publishing, Trifolium, Bruño e Edicións Xerais de Galicia, e acadados os premios Joven y Brillante de Humor Gráfico, Premio da Bienal de Caricatura de Ourense ou Premio Albaredo de Xornalismo.

Todos os días publica no xornal El Progreso unha viñeta de humor cun trasfondo político e social que a converte nun editorial gráfico de gran fondura e impacto.

O cartel da Semana de Cine comezará a ser distribuído nos próximos días na capital lucense, e a continuación en toda Galicia.

+INFO https://xn--fonmia-0wa.es/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android