00:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | ‘Herdanza envelenada’ – María Cabaleiro

EXPOSICIÓN | ‘Herdanza envelenada’ – María Cabaleiro

“HERDANZA ENVELENADA é un proxecto fotográfico que pretende facernos reflexionar sobre a cantidade de residuos plásticos que xeramos.

A idea xurde en pleno confinamento, onde o tempo parece deterse. Pero non é ata tempo despois cando me paro a observar e tomo conciencia da cantidade de envases que consumimos diariamente, envases na súa meirande parte descartables, de usar e tirar (latas, yogures, botellas, pallas, bolsas, tapones, etc.).

En lugar de botalos ao contenedor destinado a tal fin decido acumulalos, non son necesarios demasiados días, en pouco tempo aquelo vólvese moi incómodo física e mentalmente, levándome a cuestionar a efectividade das nosas visitas ao contenedor. Sinto culpa e necesito resarcirme.

O proxecto convértese no meu intento de transformar o insoportable en algo fermoso. As imaxes dos mares e océanos cheos de lixo, adquiren un novo significado; a culpa é colectiva e todos somos responsábeis. É un chamamento á acción, a reflexionar sobre o impacto ambiental e buscar un futuro libre de plásticos.

A día de hoxe seguen moi presentes nas nosas vidas, o cal supón unha verdadeira ameaza para o medio ambiente e polo tanto para o noso planeta. 

A redución do seu consumo é posible a través da concienciación do problema, tratando de manter un estilo de vida máis sostible. Iso pasa, entre outras cousas, por dar un paso atrás, mirando ao pasado e recuperando envases reutilizables tradicionais. Un paso atrás, para que os nosos fillos poidan dar pasos cara adiante camiñando cara un futuro no que o noso planeta goce de boa saúde.

É unha cuestión de xustiza interxeracional, unha débeda pendente, non merecen esa herdanza envelenada.”

María Cabaleiro

https://mariafcabaleiro.art.blog

Do 1 de xuño ao 27 de xullo

Bloque de mulleres – 1ª planta
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android