17:00 hasta las 19:00
Santiago: Fortalezas en pezas. Obradoiro de Lego® Serious Play® para familias

Santiago: Fortalezas en pezas. Obradoiro de Lego® Serious Play® para familias

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Continuamos en Santiago coa segunda sesión, de tres, desta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" que leva por título:

FORTALEZAS EN PEZAS. Obradoiro de Lego® Serious Play® para familias

Algunha vez te preguntas cales son as fortalezas dos teus fillos/as? Gustaríache descubrilos dun xeito innovador e divertido? Cres que se ti as coñeces podes axudarlles a eles/as a identificalas?
Neste obradoiro, as familias poderedes explorar, indagar e descubrir mellor as habilidades e talentos únicos dos vosos fillos e fillas; está deseñado para ser unha experiencia enriquecedora e transformadora, axudando aos pais e nais a conectarse máis profundamente cos seus fillos e fillas e descubrir o potencial único que posúe cada un deles, nun ambiente dinámico e colaborativo.
Imos utilizar pezas LEGO® para crear representacións tridimensionais das ideas e percepcións que tedes dos vosos fillos e fillas e como esas fortalezas os poden axudar na súa vida. Os obradoiros de Lego® Serious Play® non só son creativos e entretidos, senón que tamén facilitan unha comunicación profunda e significativa.
No obradoiro foméntase un ambiente de diálogo aberto e honesto, nun sitio amable para que poidamos compartir dun xeito seguro.
E claro...!!, a diversión tamén está garantida, LEGO® é unha actividade divertida e entretida, aquí xogamos!... xogamos serio!
Non se precisa experiencia previa con Lego® Serious Play®, nin en construcións con LEGO. Só ganas de xogar e facer un pouco de espeleoloxía humana, eu facilítoche e axúdoche na exploración!

A cargo de, CARMEN DE LA SIERRA
Facilitadora de aprendizaxe, centrada principalmente na saúde e no benestar organizacional. Facilitadora de LegoSerious Play e coordinadora do Club de facilitación de LSP. Mediadora en resolución de conflitos e en formación de Comunicación Non Violenta (CNV). Colaboro como mentora no programa de desenvolvemento de alto potencial de BisBlick Talento Joven de Argentina.
Nai adoptiva e socia de MANAIA

DATA: 17/10/24
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Aula 3º andar. CABES. Manuel María, 6. Santiago.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android