21:00
Concerto de María Rodés

Concerto de María Rodés

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Gratis
Compositora e cantante, esta artista versátil colaborou con moitos dos grupos de referencia de la escena musical do estado.

Maria Rodés, co seu timbre de voz suave e doce, e un estilo que mistura a canción de autor coa experimentación a nivel compositivo e sonoro leva máis dunha década sobre os escenarios. Compartiu Oniric con Andy Poole con quén publicou o seu primeiro disco Sin Técnica (Cydonia, 2009). O seu primeiro disco en solitario foi Una forma de hablar (Bcore, 2010). Estudiou un postgrado en Arte sonoro organizado pola Universidade de Barcelona que lle permitiu descubrir novas perspectivas sonoras. Influenciada por estes estudos, confeccionou Sueño Triangular (BCore, 2012), autoproducido coa axuda da guitarrista Maru di Pace e o artista sonoro Lluís Surós. Colaborou con distintos artistas como Raúl Fernández (Refree), Coque Malla, Espaldamaceta ou Anímic e participou en diversos proxectos musicais como compositora e intérprete. O álbum Convergència i Unió (Bcore, 2013) é froito da súa unión con Ramón Rodríguez (The new Raemon) e Martí Sales (Els surfing Sirles). No ano 2014 publicou María canta copla (BCore), disco no que experimentaba como arranxista e cantante reinterpretando dun xeito moi persoal coplas clásicas.

É este, María Rodés canta copla, co que ven a Lugo neste San Froilán, un dos proxectos que lle leva a expandir o alcance da súa obra notablemente, adaptando ao seu peculiar estilo algunhas das cancións máis famosas do folklore popular do estado español do século xx como a copla e o cuplé como “Tatuaje” (coa participación de Albert Plá), El día que nací yo, Tres puñales ou Agua que no has de beber son algunhas das obras ás que María rinde unha homenaxe que foi recibido con grandes eloxios. Foi publicado en México no 2017 nunha edición especial incluindo a rancheira Que te vaya bonito. A artista presentouno en directo en México e Colombia, entrando alí en contacto con recoñecidas artistas coma Julieta Venegas ou Carla Morrison. O destacado músico estadounidense David Byrne descubriu este disco e programou unha actuación de María no recoñecido festival Meltdown de Londres no 2015. Posteriormente, Byrne continuou mostrando o seu apoio e admiración pola artista catalá, invitándoa a abrir a súa actuación en Madrid no 2018, e incluindo tres cancións de María na playlist que publica mensualmente e que seguen miles de ouvintes. Nesta playlist, Maria aparece acompañada de outras tres artistas do estado español como son Rosalía, Estrella Morente e Mala Rodríguez.

Colaborou como cantante nos discos e actuaciones en directo de outros proxectos musicais como Nacho Vegas, Refree, Anímic, Jorge Drexler, Espaldamaceta, Coque Malla ou José Domingo. Tamén participou como compositora nas homenaxes Ojos de mil años a Miguel Hernández e Cançons de la veritat oculta a Pere Calders.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android