20:00
Go home

Go home

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
GO HOME conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

GO HOME é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto,
José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis
de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación.

Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra chea onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android