18:30
BULEBULE

BULEBULE

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
BULEBULE é o novo espectáculo para público infantil a partir de 4 anos de Os Náufragos Teatro sobre o TDAH, o Trastorno do déficit de atención con hiperactividade.

Cando Candela Bulebule esperta comeza a enerxía! Mira todo, toca todo: non para! Tamén se distrae, máncase, perde cousas. Bulebule é un desastre! É impulsiva, torpe e descoidada... ou iso é o que di parte da súa familia, das súas amigas e da xente que bate con ela na rúa. Bulebule ten un motor dentro que nunca se apaga e as veces síntese mal porque cree que non pode facer algunhas cousas que outros nenas e nenas si poden. Aínda que Bulebule tamén é brillante, espontánea e cariñosa.

Os Náufragos Teatro segue a estela de HUGO, Premio María Casares 2022 ao mellor espectáculo para a infancia e a xuventude, unha peza que fala sobre o TEA, o Trastorno do Espectro Autista que foi seleccionada para participar na Feira internacional para a infancia e a xuventude FETÉN 2022, en Galicia Escena Pro 2022 e no Circuíto Assitej dese mesmo ano.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android